Juan Echevarría, primer experto en participar en La Hora del Robot

O veterinario Juan Echevarría será o primeiro experto en asistir a La Hora del Robot, o coloquio online bimensual para resolver dúbidas sobre os robots de ordeño organizada por Hipra

Esta primeira sesión terá lugar o vindeiro martes, día 21 de setembro, a partir das 13:00 horas, e poderá seguirse en directo a través de vacapinta.com

TES DÚBIDAS? ENVÍANOLAS ANTES DA EMISIÓN!

Os espectadores poderán enviar en directo, mediante comentario en Facebook, as súas dúbidas para que Echevarría as responda ou, se o prefiren, tamén poden deixar xa os seus comentarios enviando un mail a redaccion.vacapinta@ctransmedia.com ou a antonio.souto@hipra.com ou ben escribindo un whatsapp ao 626 290 803.