Juan Cainzos, novo Senior Sales Manager de ABS Progenex

O doutor en medicina veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela Juan Cainzos é, desde principios deste mes, o novo Senior Sales Manager de ABS Progenex.

Cainzos leva case 20 anos desempeñándose no sector do vacún. Nos seus comezos traballou en clínica libre (Servepo - A Pontenova) e en control de reprodución (Icos SCG), e despois como parte do persoal de Elanco Animal Health, onde estivo o oito anos desempeñando cargos de delegado de vendas e mercadotecnia e, os tres últimos, como técnico mundial de gandería da compañía.

Nesta nova etapa da súa carreira, as súas funcións pasarán por colaborar co resto do equipo de ABS na implementación e desenvolvemento da estratexia global da empresa en España.