Xornadas LakTis en Ribadeo, Ames e Villar sobre os retos d sector lácteo en materia de sostibilidade

Xornadas LakTis en Ribadeo, Ames e Villar sobre os retos d sector lácteo en materia de sostibilidade

O Proxecto LakTis, que impulsa a descarbonización do sector lácteo desde o territorio conectando ganderías, innovación e sustentabilidade para un futuro común, celebrará os días 10, 11 e 12 de febreiro en Ribadeo (Lugo), Ames (A Coruña) e Villar (Asturias) tres xornadas nas que se analizará a evolución dos casos de estudo das explotacións piloto.

No marco do encontro, presentaremos os resultados do cálculo da pegada de carbono de 15 explotacións lácteas, obtidos con cinco ferramentas de cálculo diferentes. Identificaranse as etapas máis críticas e os principais focos de emisión nunha explotación, e daranse a coñecer estratexias de mitigación e prácticas agro-gandeiras máis sostibles e respectuosas para abordalos. Ademais, realizaranse visitas a ganderías e instalacións que contribúen a mitigar a pegada de carbono do sector.

Gandeiros e expertos debaterán tamén sobre os retos actuais do sector en materia de sustentabilidade e sobre os contidos que permitirán definir a futura Guía Branca.

O programa contará coa participación de Dª Anouchka Biel Canedo (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación), que abordará a situación actual do sector lácteo e os seus retos futuros en sustentabilidade, e de D. Juan José Cerviño Varela (director xeral da PAC e do control da cadea alimentaria), que analizará o papel da nova PAC na transición sostible do sector.

Son socios do Proxecto LakTis Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), Corporación Alimentaria Peñasanta SA (Capsa Food), Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), Central Lechera Asturiana SAT (CLAS SAT) e Medrar Innovation Office.