Vigo acolle desde hoxe ata o venres o vixésimo terceiro Congreso da Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España, cuxo acto inaugural foi presidido este mediodía pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, que estivo acompañada polo presidente e o secretario de Anembe, Joaquín Ranz e Juan Cainzos, respectivamente.
A titular do Medio Rural defendeu a necesidade de promover un uso responsable dos medicamentos veterinarios e avogou por unha unha produción de alimentos seguros nas explotacións gandeiras. Neste sentido, destacou o importante labor que desenvolve o colectivo veterinario en materia de asesoramento, información e formación dos gandeiros, algo que tamén repercute positivamente no papel da Administración, tanto para o fomento da actividade económica como na súa función inspectora e de control.