Grupo Durán inaugura en Mesía a súa delegación para a provincia da Coruña

As instalacións de Grupo Durán no municipio coruñés de Mesía, que albergan as delegacións das empresas Durán Maquinaria, que este ano celebra o seu 25.º aniversario, e Duracor, foron inauguradas oficialmente no día de hoxe coa asistencia de máis de 300 persoas.

Cun investimento de 1 millón de euros, púxose en marcha unha sede que ocupa 18.000 metros cadrados de total, dos cales están cubertos uns 1.600 metros cadrados para servizos de taller, administración, recambios e departamento comercial, e que supuxo a creación de tres novos postos de traballo directos.

Seguindo a súa filosofía de traballo, coa apertura desta nova sede, Grupo Durán aproxímase aos seus clientes da Coruña co obxectivo de ofrecerlles o mellor servizo coa maior celeridade posible.

O acto estivo presidido por Manuel Durán, ao que acompañaron Mariano Iglesias, alcalde de Mesía, e Andrés Moradas, director xeral de AgriArgo Ibérica, filial en España da marca McCormick.

Durán agradeceu en varias ocasións a presenza de todos os asistentes e resaltou "o esforzo e empeño dun gran equipo de profesionais que mostrou a súa perseveranza e ilusión para este novo inicio de actividade na Coruña e para que o proxecto siga camiñando cara adiante".

Engadiu, ademais, que "a innovación, a proximidade e a confianza son os tres alicerces da nosa relación con cada cliente e o noso maior compromiso é a súa satisfacción, que, en definitiva, é a nosa".

Tras todas as súas intervencións, acompañaron aos asistentes a dar un paseo polas novas instalacións e os presentes gozaron dun agradable convite. 

A inauguración foi clausurada co sorteo de diferentes agasallos.