Gea responderá ás vosas dúbidas a semana que vén na Hora do Robot

O martes da semana que vén, día 26 de outubro, ás 13:00 horas, terá lugar a retransmisión da cuarta parte da Hora do Robot, o coloquio onlinebimensual para resolver dúbidas sobre os robots de muxido organizado por Hipra. Neste caso, estarán presentes Ana de Anta, veterinaria experta en manexo de rabaño e robot de Gea, e Víctor Jorge, delegado de vendas de GEA en Galicia, Todo o evento poderá seguirse en directo a través da web e da páxina de Facebook de Vaca Pinta.

ENVÍANOS AS TÚAS DÚBIDAS ANTES DA EMISIÓN

Lembrámosvos que os espectadores poderedes enviar en directo, mediante comentario en Facebook, as vosas dúbidas para que llas traslademos aos relatores ou, se o preferides, tamén podedes deixar xa os vosos comentarios enviando un mail a redaccion.vacapinta@ctransmedia.com ou a antonio.souto@hipra.com, ou ben escribindo un whatsapp ao 626 290 803.