CONCURSO DA MOEXMU 2023

Lorena Rodríguez, gañadora do certame de preparadores de Moexmu 2023

O Concurso de Novos Preparadores de Gando finalizou agora coa vitoria de Lorena Rodríguez, de Pol. En segundo lugar quedou Lorena Iglesia. O terceiro posto foi para Xabier Montes.

Con este certame, xulgado por Pol Collell, iníciase a 39.ª edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu) no recinto feiral Manuel Vila, situado no concello de Cospeito (Lugo). Mañá celébrase o concurso de gando frisón, que comeza ás 10:00 h.