Gandeiros asturianos convocan unha nova manifestación o xoves 2 de decembro

Oviedo será a sede dunha nova concentración gandeira para reclamar uns prezos xustos para as producións e para denunciar o abandono que está a sufrir o mundo rural. O vindeiro xoves 2 de decembro, está programada unha gran manifestación-tracorada na cidade onubense que comezará ás 12:00 horas en Llamaquique, fronte ao edificio das consellerías, e que se desprazará ata a zona do Parlamento e do Palacio de Goberno.

Todos os participantes están convidados a acudir cos seus tractores e co seu gando, pero a organización solicita que se contacte primeiro con eles para poder coordinar o acto o mellor posible (696931184 -Gelu, para tratores- e 689049731 -Chus, para animais-).