Ganadería Rodasinde, San Rián e Mantoño Holstein lideran as listaxes de mellores granxas de Galicia en 2021

A Federación Frisona Galega (Fefriga) publicou na súa web as mencións honoríficas que lle concede anualmente aos mellores criadores e animais de Galicia co fin de promover o sector e renderlle homenaxe ao seu esforzo, dedicación e profesionalidade tomando como base os criterios de produción, ICO e cualificación morfolóxica.

A lista das mellores explotacións por produción durante o ano 2021 está liderada por Ganadería Rodasinde SC (O Saviñao, Lugo), Gandería Mosquera (Ordes, A Coruña) e SAT As Pandas (Vilalba, Lugo). San Rián SCG (Brión, A Coruña), Landeira SCG (Negreira, A Coruña) e Casa Menor 1614 SL (Boimorto, A Coruña) conseguiron ser as tres mellores explotacións de Galicia por ICO e Mantoño Holstein (Barreiros, Lugo), Baixo Holstein (Sarria, Lugo) e Caseiro de Ernes (Cospeito, Lugo) encabezan a lista de mellores explotacións por cualificación morfolóxica.

Entre os animais máis produtores do pasado ano, Dobre_"S" Dodge 4687, da gandaría Dobre "S", conseguiu ser a primípara máis produtora; 7521, de Ganadería Rancaño SL, foi a vaca con máis produción e Eugenia, de Casa Marrote, logrou o premio como mellor produción vitalicia.

Consulta as listaxes completas