Decreto xurros: Galicia prohibe a aplicación con sistemas de canón

Permite a aplicación co sistema máis usado, o de abano
Decreto xurros: Galicia prohibe a aplicación con sistemas de canón

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as excepcións da comunidade galega ao decreto estatal que regula as normas de condicionalidade que deben cumprir os beneficiarios da PAC en materia de aplicación de xurros.

Galicia establece que a aplicación de xurros ou fraccións líquidas de dexeccións non se poderá efectuar con sistemas de aspersión con canón, permitindo o resto de sistemas, incluído o de esparcido mediante abano, mentres non se resolvan os condicionantes que deron lugar á súa excepción. Ademais, exceptúase tamén da normativa estatal o enterramento dos estercos sólidos despois da súa aplicación, sempre e cando o uso do esterco se corresponda coas prácticas habituais.