Formación profesional e de competencias básicas sobre laboreo e escarda mecánica en Sergude

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón, A Coruña) acollerá do 4 ao 8 de xullo un curso de formación profesional e adquisición de nocións básicas en laboreo e escarda mecánica organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

O seu obxectivo central é dar a coñecer a relación entre as características do solo e a técnica de laboreo e identificar as diferentes técnicas e máquinas. Así mesmo, pretende ensinar diferentes procesos e prácticas en materia de seguridade e ecoloxía, así coma as innovacións tecnolóxicas de maior aplicación no laboreo.

O taller terá unha duración de 20 horas, en horario de mañá (das 10:00 ás 14:00 horas), combinará formación teórica e práctica e incluirá un obradoiro sobre novas tecnoloxías e últimas tendencias en laboreo e cultivo.

Para asistir é preciso realizar unha pre-inscrición previa. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico facilitado para comunicarlles se están ou non admitidas.