Remata a poxa de Chantada cun prezo medio de 3.517 euros

Remata a poxa de Chantada cun prezo medio de 3.517 euros

Chantada acolleu esta mañá unha nova edición da súa poxa de gando frisón, organizada polo propio Concello, Africor Lugo e Aira. O evento tamén contou coa colaboración da Xunta de Galicia e Xenética Fontao.

A poxa celebrouse no mercado gandeiro da localidade. 12 animais, procedentes de ganderías da provincia de Lugo, participaron neste encontro, dos cales 13 foron vendidos. Todos os exemplares saíron a poxa coas correspondientes garantías e controis sanitarios.

O exemplar que logrou a cotización mais alta foi Lacpi Gabrielle 5458 323, da gandería Lacpi de Sarria (Lugo), adquirido pola gandería Pena Guisande de O Paramo (Lugo), por 4.700 euros.

A xornada concluíu cun volume de negocio de 42.200 euros e cun prezo medio por animal de 3.517 euros. Ademais, os compradores recibiron unha axuda de 200 euros por parte de Caixa Rural, así coma doses gratuítas ofrecidas por Xenética Fontao. Pola súa parte, as granxas da provincia de Lugo dispuxeron tamén de transporte gratuíto.