Feiraco, empresa membro de Clun, presentou esta mañá en Santiago a súa campaña de animación á lectura con motivo do 17 de maio, día das Letras Galegas.
Entre as actividades que terán lugar ao longo deste mes destaca a convocatoria da sétima edición do Certame de Microrrelatos, que organizan en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e Pousadas de Compostela, e que está dirixida a nenos, novos e adultos.
Colaborarán tamén mediante a achega de lotes de produtos lácteos na carreira Camiño das Letras e nos premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018. Ademais, co obxectivo de estimular a lectura e os bos hábitos alimentarios, dan inicio á campaña “Practica a LEITura”, na que se sortearán 150 carteis vintage exclusivos, e reeditarán os contos infantís De onde vén ou leite?