Expander 6818, de Gurgo e Filhos, gaña o certame frisón de Murtosa

A localidade portuguesa de Murtosa acolleu os días 16 e 17 de xullo unha nova edición do seu concurso morfolóxico, que foi xulgado polo galego Santiago García.

Expander 6818, da gandería Gurgo e Filhos, de Murtosa, levou o título de vaca gran campiona, tras conseguir tamén o de mellor ubre. A xata campiona foi MTRSH Unstopabull 2344 e a xovenca campiona, MTRSH Warrior-Rede 3155, ambas as dúas de Rodrigues e Rebimbas (Murtosa). Na final de xatas e xovencas alzouse co título de gran campiona MTRSH Unstopabull 2344.