Este domingo, nova edición da poxa de Santa Comba

Africor Coruña ofrecerá este domingo ás 11:00 horas, en colaboración co Concello de Santa Comba, a vixésimo primeira edición da poxa de gando frisón desta localidade.

Celebrada no recinto feiral de Santa Comba, noo marco da Semana do Leite, este ano sacaranse a poxa un total de 23 vacas recentemente paridas de 12 ganderías coruñesas.