Este venres, a oitava edición da Escola de Iniciación de Futur@s Gandeir@s, organizada polo Club de Xóvenes Gandeiros, integrado na Federación Frisona Galega (Fefriga), realizou o seu acto de clausura. Por terceiro ano consecutivo, este evento formativo do sector gandeiro contou co apoio da cooperativa láctea galega Clun.
A actividade, da que puideron formar parte mozos de entre 9 e 25 anos, comezou o luns 20 de xullo na Finca Mouriscade de Lalín (Pontevedra). Tras unhas xornadas dedicadas a coñecementos prácticos e a técnicas de manexo gandeiro, as case trinta persoas participantes completaron esta formación que busca estimular o interese das novas xeracións por profesións vinculadas ao medio rural.
Ademais do campamento, a actividade mantén certa continuidade no calendario, xa que as persoas inscritas poderán estar presentes nos concursos celebrados en feiras gandeiras repartidas durante todo o ano.
Paralelamente, Fefriga entregou as Distincións Honoríficas 2026. Estes galardóns recoñecen o esforzo, a profesionalidade e a mellora continua das ganderías máis destacadas do último ano.
- Na categoría de Mellores Ganderías por Producíon, o primeiro posto foi, por sétimo ano consecutivo, para Ganadería Rodasinde S.C. (O Saviñao, Lugo), seguida de Casa do Rego (Láncara, Lugo) e de Gandeiría Fondón (Ribadeo, Lugo).
- En Cualificación Morfolóxica, destacaron Mantoño Holstein (Barreiros, Lugo), Baixo Holstein (Sarria, Lugo) e Finca La Asunción (Touro, A Coruña).
- Por Índice ICO, liderou SAT Agosto Darriba (A Pastoriza, Lugo), seguida de G.B Gandería (Lalín, Pontevedra) e Landeira Sociedade Cooperativa Galega (Negreira, A Coruña).
- En Producíons Vitalicias, sobresaíron as vacas SAT Varela Trigger 780 (Varela Labrada, Lugo), Perlita (Ganadería Vieites García, A Coruña) e Grille Amsterdam 277 (Grille S. Coop. Galega, A Coruña).
- En canto ás Mellores Vacas Produtoras, destacaron Bermui Montross 277 (Finca Bermui, A Coruña), Rodasinde Brass 639 7364 (Ganadería Rodasinde, Lugo) e Lodos Apprentice Tesla (SAT Lodos e Pérez, Lugo).
- En Mellores Primeirizas, foron recoñecidas Ferreiro Sochi 4176 (Explotaciones Ferreiro, Lugo), Os Loureiros Arancha Gopro (Ganadería Os Loureiros, A Coruña) e Ferreiro Sochi 4179 (Explotaciones Ferreiro, Lugo).