Entrepinares anuncia un prezo base de 570 €/tonelada

 

A empresa Entrepinares acaba de facer público que lles sobe os prezos aos seus produtores en Galicia ata os 570 €/tonelada e que este prezo será efectivo xa desde o 1 de outubro.

Os gandeiros que entregan o seu leite a Entrepinares pasarán a cobrar 570 €/tonelada de prezo base, sempre cun mínimo de 3,80 % de graxa e 3,20 % de proteína. Ata o de agora estaban cun prezo base de 500 €/tonelada.