Entregados os premios de Africor Lugo ás mellores ganderías da provincia

Entregados os premios de Africor Lugo ás mellores ganderías da provincia

As ganderías Casa Cochero, Casa Crespo e Casa de Baixo levaron os premios por mellor media por índices xenéticos, mellor media de produción e mellor media de cualificación, respectivamente.

Esta mañá Africor Lugo organizou no restaurante lucense da Palloza a súa asemblea xeral extraordinaria, na que se deron a coñecer as contas do exercicio 2017. Ademais, realizouse un sorteo de 30 lotes de 50 doses de seme valorados cada un nuns 300 euros.

Así mesmo, como cada ano, fíxose entrega dos premios ás mellores ganderías da provincia. Nesta ocasión, a gandería sarriá Casa de Baixo levou o premio por mellor media de cualificación (88,2 puntos), Casa Crespo, de Lugo, conseguiu o galardón pola mellor media de produción (14.419 quilos/vaca); e Casa Cochero, de Guitiriz, fíxose co premio por mellor media ICO (2.657 puntos).

A continuación, mostramos a listaxe de ganderías que obtiveron a mención especial por destacar no tres aspectos e, por tanto, estar entre as 100 mellores explotacións en canto a produción, cualificación e índices xenéticos:

Gandería

Concello

Cualificación morfolóxica

Produción por vaca

Índices xenéticos

MASEDA

POL

82,9

13.019

2.538

BAIXO HOLSTEIN

SARRIA

88,2

12.296

2.506

TÍO ANDRÉS

SARRIA

82,7

12.577

2.397

CASA DO REGO

LÁNCARA

83,0

12.126

2.408

VILAR DE SUSAO

SARRIA

82,7

12.139

2.456

CARREIRA

O INCIO

82,2

12.626

2.290

GRANJA SARA

LUGO

82,1

11.947

2.347

SAT LODOS E PÉREZ

A PASTORIZA

81,3

11.981

2.469

TENDEIRO

O PÁRAMO

81,9

11.788

2.280