En vídeo, as xornadas Fatro de Calidade de Leite

A Xornada Fatro de Calidade do Leite celebrouse en diferentes puntos de España ao longo do pasado mes de maio. Tivo lugar en Lugo o 11 de abril; en León, o 12, e en Madrid, o día 26. Os vídeos das conferencias celebradas en Lugo xa están dispoñibles na nosa sección de tv.

Este ano escolleuse como relator a Xabier Bermúdez Salgueiro, veterinario que fundou a súa propia empresa, FarmVet Asesoramento Gandeiro, e que asesora granxas en Calidade do Leite fundamentalmente no noroeste de España. Actualmente é vogal de Anembe na sección de Calidade do Leite e a súa traxectoria formativa e profesional sitúano como unha referencia na súa especialidade.

Os patóxenos emerxentes causantes de mamite, as patoloxías do ubre, o secado selectivo e o muxido robotizado foron os catro temas clave dos encontros.