Emocionante triunfo para Rey 814 Beemer Yuri no rexional galego

A XXIX edición do Concurso Rexional da Raza Frisona de Galicia chegou ao seu fin coa elección da vaca gran campiona. A xuíza belga Martine Lambot deu a esperada palmada da vitoria a Rey 814 Beemer Yuri, da Ganadería Rey de Miñotelo (A Pastoriza).

Dentro do certame de Feiradeza, a vaca gran campiona foi Baroncelle Sidekick Patty ET, de Rato (Rodeiro).