O V Máster en Dirección e Marketing na Industria de Sanidade e Nutrición Animal iniciarase en outono

O próximo mes de outubro comezará o V Máster en Dirección e Marketing na Industria de Sanidade e Nutrición Animal, organizado pola Fundación Vet+i, en colaboración coa escola de negocios ESIC Business & Marketing School, que se estenderá ata xullo de 2024.

Este máster cobre a demanda de formación específica empresarial no campo da sanidade animal e faino en formato híbrido, para adaptarse así ás necesidades de conciliación dos alumnos, que terán 405 horas de clase, das que 100 serán onlinee o resto híbridas. Así, os alumnos poderán seguir as clases a través do ordenador ou de maneira presencial. Nestas, expertos de cada materia expoñerán os aspectos máis relevantes do sector a través do traballo en equipo, a discusión e o intercambio de ideas, mentres que as clases onlineconstarán de titorías en sesións de aprendizaxe síncrono e asíncrono.

Esta formación de posgrao está dirixida a directivos, executivos, mandos intermedios e product managers das empresas do sector de sanidade animal; a persoas que desexen poñer en marcha proxectos empresariais neste ámbito; a mozos profesionais que queiran desenvolver a súa carreira na industria de sanidade animal, e a licenciados en Veterinaria e Ciencias da Saúde.