O Simposio Internacional de Reprodución de Rumiantes celebrarase do 25 de maio ao 1 de xuño en Irlanda

O 11.º International Ruminant Reproduction Symposium (IRRS), organizado por British Society of Animal Science (BSAS), é recoñecido como un dos congresos mundiais máis prestixiosos sobre reprodución en rumiantes. Destacados científicos internacionais presentarán charlas de vangarda sobre bioloxía e tecnoloxía reprodutiva nunha variedade de especies de ruminantes, incluídos bovinos, ovinos, caprinos, búfalos e camélidos. As sesións cubrirán todos os aspectos reprodutivos, desde o desenvolvemento do folículo e a ovulación ata a implantación, a placentación e o desenvolvemento fetal, así como técnicas de vangarda aplicadas á reprodución en ruminantes.

O simposio terá lugar do 25 de maio ao 1 de xuño en Galway (Irlanda) e contará con charlas científicas, sesións de póster e un programa social. A data límite para a presentación de resumos dos traballos científicos é o 18 de decembro e a inscrición anticipada pódese facer ata o 28 de febreiro

Consulta máis detalles do simposio nesta ligazón