O rexional galego, este ano en setembro e en Lalín

O concurso de vacún leiteiro Feiradeza de Lalín trasládase este ano a finais de verán e acollerá, por primeira vez, o rexional galego da raza frisona. Desta maneira, e tras a súa anulación o ano pasado pola pandemia, os días 11 e 12 de setembro haberá no concello lalinense unha cita dobre, posto que se celebrarán en paralelo o XXV Concurso da Raza Frisoa Feiradeza 2021 e o XXIV Concurso Autonómico Fefriga 2021.

Nas próximas semanas agárdase que se coñezan máis datos en relación coa organización do evento. 

Na imaxe: Rey 747 July High Octane (ganadería Rey de Miñotelo), vaca gran campiona da última edición do concurso rexional de Galicia, celebrado en 2019 en Silleda.