O próximo martes, terceira entrega de La Hora del Robot

O vindeiro martes, día 19 de outubro, ás 13:00 horas volven as emisións da Hora do Robot, o coloquio online bimensual para resolver dúbidas sobre os robots de ordeño organizada por Hipra. Nesta terceira entrega, participarán as técnicas veterinarias de Servepo Carlota Lázare e Rocío Álvarez e a técnica veterinaria do centro veterinario Meira Mónica Mon. Todo o evento poderá seguirse en directo a través da web e da páxina de Facebook de Vaca Pinta.

ENVÍANOS AS TÚAS DÚBIDAS ANTES DA EMISIÓN

Lembrámosvos que os espectadores poderedes enviar en directo, mediante comentario en Facebook, as vosas dúbidas para que Trillo as responda ou, se o preferides, tamén podedes deixar xa os vosos comentarios enviando un mail a redaccion.vacapinta@ctransmedia.com ou a antonio.souto@hipra.com, ou ben escribindo un whatsapp ao 626 290 803.