O programa Malicia Noticias, da CRTVG, descúlpase cos veterinarios

O programa Malicia Noticias, da CRTVG, descúlpase cos veterinarios

Tras a reclamación de varios colectivos de veterinarios, como a Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina Española (Anembe) ou o Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, sobre o desafortunado trato ao papel dos veterinarios na xestión da saúde pública, as zoonosis e as pandemias, o programa Malicia Noticias dedicou no seu capítulo 83, emitido onte 13 de maio na Televisión de Galicia, un tempo a pedirlle disculpas aos veterinarios.

O programa referido nesta ligazón:

https://www.facebook.com/MaliciaNoticias/videos/265354018181633/