Xa podedes consultar a edición en galego do número 1 de Vaca Pinta, a nova revista técnica do vacún leiteiro. Este número inaugural conta cun especial sobre ensilado de herba e diferentes artigos técnicos encadrados nas seccións de alimentación, agricultura, manexo e saúde animal. Ademais falamos con Joaquín Ranz, presidente de Anembe, e Javier Bueno, vicerreitor de Coordinación do Campus Terra de Lugo, e viaxamos ata Italia para darlle cobertura ao European Open Holstein Show, celebrado en Verona.