PAC

O MAPA prorroga até o 15 de maio o prazo de presentación da solicitude da PAC 2021

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) publicou no BOE a orde que amplía, ata o 15 de maio, o prazo de presentación da solicitude única das axudas da Política Agraria Común (PAC) para o ano 2021 en todo o territorio.

A demanda foi trasladada ao Ministerio por parte das organizacións máis representativas do sector agrario, así como por algunhas administracións autonómicas. Cabe lembrar que en determinados casos os solicitantes das axudas poderán presentar ata o 15 de xuño unha modificación da súa solicitude. Por outra banda, as comunidades autónomas que o consideren necesario poderán ampliar a data límite para a presentación da solicitude única no seu territorio ata o 31 de maio.

Espérase que se presenten preto de 680.000 solicitudes que permitirán aos agricultores e gandeiros españois recibir os pagos correspondentes a partir do próximo 16 de outubro. O importe total das axudas directas para a campaña 2021 ascende a 4.860 millóns de euros.