EN VÍDEO

O millo máis seguro con LG

Os últimos anos estamos a sufrir importantes variacións climáticas e, especialmente, veráns con períodos prolongados sen choiva. Se a estas condicións sumamos elevadas temperaturas e vento, o que fai que o chan se seque moi rápido, atopámonos graves problemas nos rendementos do millo.

Semillas LG leva anos traballando na procura de tecnoloxías que permitan dar solución a esta situación, e froito deste esforzo e dedicación son Hydraneo e Starcover.  Por unha banda, Hydraneo é un label incluído en variedades que contan cunha maior tolerancia a estrés hídrico. Por outra, as variedades con tecnoloxía Starcover incorporan dúas bioestimulantes que axudan á planta a expresar todo o seu potencial, especialmente en condicións de estrés.

En Vaca Pinta23 coñecemos da man de Gustavo García, xefe de Produto de Millo e Forraxeiras de Semillas LG, as variedades que lanzan nesta campaña, todas as aplicacións e recomendacións para o seu cultivo e varias experiencias profesionais con Xosé Manuel López, de Gandeiría Maseda; Rocío Cabado, asesora de cultivos en Aira; David Vilacoba, técnico de Desenvolvemento en Semillas LG, e Francisco González, comercial de Progando en Bergantiños, Xallas e Terra de Soneira.