O Goberno actualiza a lexislación en materia de produtos fitosanitarios para aumentar a calidade e seguridade dos alimentos

O Consello de Ministros aprobou un real decreto polo que se establecen as condicións de almacenamento, comercialización, importación ou exportación, control oficial e autorización de ensaios con produtos fitosanitarios. Ao mesmo tempo, modifica o Real Decreto 311/2012, de 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios.

Así, contén directrices para controlar o comercio ilegal vinculado aos intercambios internacionais; prohibir o comercio electrónico de produtos fitosanitarios (salvo os de uso non profesional); e impulsar o uso obrigado dun rexistro electrónico de transaccións e operacións, neste caso a través dunha aplicación informática centralizada no MAPA que permitirá realizar a trazabilidade completa da cadea de subministración.

Ademais, a norma regula o almacenamento dos produtos fitosanitarios, tanto nas explotacións agrarias como nas empresas de distribución, e actualiza a normativa referida aos ensaios con estes reorganizando á vez as actuacións de todas as autoridades competentes na materia.

Máis información