Du Bon Vent Jana Cama volve ao podio de Space

Imaxe vía: Web-agri | Space

O animal sobre estas liñas, Du Bon Vent Jana Cama, unha vaca adulta copropiedade do Gaec Du Bon Vent e de Rey Holsteins, acaba de recuperar o seu título de gran campiona na edición 2021 do Prim'Holstein Atlantique, o concurso morfolóxico francés que se celebrou durante o día de hoxe na feira Space de Rennes.

Este exemplar xa se alzara como vencedora na gran final de 2018 e, tras a vitoria de Izella du Mezou en 2019 e logo da cancelación do certame o ano pasado, nesta edición Jana Cama volveu a ser elixida como a mellor vaca do concurso.