De Heus, a firma especializada en nutrición animal, promoveu o encontro do 'Día de Gandeiros de Leite'. A cita, dirixida a gandeiros do sector lácteo, reuniu en Lugo a unhas 300 persoas.
A xornada, levada a cabo no Pazo de Feiras e Congresos da cidade lucense, contou cos relatorios de cinco especialistas e responsables do servizo técnico da compañía.
Maica Expósito, xerente de zona; Daniel Prado, adxunto de dirección comercial; Miguel Iglesias, xefe de produto de vacún de leite; Alejandro Rodríguez, key account vacún de leite e Rubén González, key account vacún de leite, ofreceron as charlas técnicas.
A cita serviu tamén como punto de reunión para os profesionais do sector, que puideron compartir as súas inquedanzas e resolver dúbidas co persoal experto.