Curso sobre benestar animal no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) organiza do 1 ao 11 de xullo no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte un curso sobre benestar animal nas granxas co que busca ofrecer os profesionais do sector unha actualización sobre seus coñecementos e sobre a normativa vixente nesta materia para garantir o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.

Xa que logo, esta formación, que mesturará aspectos teóricos e prácticos, está dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeira, así como a aquelas con expectativas de incorporación.

O curso terá unha duración de 20 horas, desenvolverase en horario de tarde (das 16:00 ata as 20:00 horas) e para asistir é preciso realizar unha pre-inscrición previa. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico facilitado para comunicarlles se están ou non admitidas.