Convocada en Ordes unha formación sobre o benestar animal no transporte para a próxima semana

Dar a coñecer aos gandeiros a importancia das boas prácticas de mobilizar os animais, antes, durante e despois do traslado; así como a descarga deles, será o obxectivo da formación sobre o benestar animal no transporte que se celebrará a próxima semana en Ordes.

Organizada pola Oficina Agraria Comarcal de Melide, conta coa axuda da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e celebrarase no Museo do Traxe de Ordes entre o martes 24 e o venres 27 de maio, de 16:00 a 21:00 horas.

Esta iniciativa está dirixida a calquera persoa vinculada profesionalmente aos sectores produtivos relacionados coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Para consultar toda a información relativa a este evento, hai que premer sobre esta ligazón e descargar as solicitudes de preinscrición, que deben remitirse cubertas ao correo electrónico: oac.svo.melide@xunta.gal. Para obter información adicional, pódese chamar a o teléfono 881 960 682.