Consulta on line a Memoria de Africor Lugo 2020

A Asociación para o Control Leiteiro Africor Lugo presenta a súa Memoria de actividades, na que sintetiza o labor realizado pola Asociación en 2020.

Ao longo das súas 150 páxinas e 21 capítulos, o libro recompila, entre outra moita información, os servizos que lles ofrecen aos seus asociados, as actividades levadas a cabo, os datos do control leiteiro e os méritos das principais ganderías no seu labor como criadores e produtores de leite da provincia.

Como novidade, o capítulo 6, habitualmente dedicado aos concursos, nesta edición, como non houbo por mor da pandemia, aproveita o espazo para ofrecer un repaso da importancia do sector na provincia de Lugo e en Galicia en función dos datos no conxunto da Unión Europea. Ademais, firma o saúdo, por primeira vez, Manuel Sandamil, o novo presidente da Asociación.