Logo dunha pausa dun ano, e seguindo as demandas dos asociados, Africor Coruña acaba de facer públicas as súas memorias correspondentes aos exercicios dos anos 2016 e 2017.
Deste xeito, reúnese nun único volume a evolución do control leiteiro coruñés neste período, destacando as ganderías e os animais sobresaíntes dende os puntos de vista produtivo, cualitativo e morfolóxico. Inclúense ademais datos sobre reprodución e un resumo das poxas de gando frisón organizadas estes anos na provincia en colaboración con distintos concellos.