A partir da avaliación de agosto de 2026, a Confederación de Asociacións de Frisona Española (CONAFE) reducirá a tarifa base de recría xenómica a quince euros por mostra. No caso da dobre valoración, que inclúe a valoración procedente da información de CDCB e Holstein USA, poderán acceder a ela as ganderías interesadas por vinte euros adicionais.
O programa xenómico leva activo catorce anos, nos que aquelas ganderías asesoradas pola entidade e cun manexo xenotipado do seu gando visualizaron unha evolución dos quilogramos de leite por día moi superior ás referencias autonómica e nacional. Nunha análise publicada este ano pola entidade, realizada con 12.000 xovencas xenotipadas nacidas entre 2018 e 2019, demóstrase que aquelas xovencas situadas no 25 % superior polos índices xenéticos acabaron producindo un mínimo de 7.000 quilogramos máis de leite vitalicio estandarizado ca aquelas do 25 % inferior.
Para as granxas bovinas adheridas, a entidade ofrece un paquete de asesoramento valorado en 180 euros co que teñen acceso a preseleccións de exemplares femia, preseleccións de exemplares macho e acoplamentos completos anuais. Todo, sen custo adicional dentro de cada servizo.