Cancelada a XIV edición do concurso Usías Holsteins

Foto de familia Usías Holsteins XII (2019)

A organización da décimo cuarta edición do concurso da raza frisona de Dos Torres (Córdoba), Usías Holsteins, acaba de comunicar de maneira oficial a cancelación do evento, que estaba previsto que se celebrase a finais do mes de outubro. 

"Loitamos contra vento e marea para que esta edición se puidese levar a cabo, non paramos de traballar, de facer reunións con autoridades locais, con empresas patrocinadoras... Pero, tras analizar os problemas que se presentan polas restricións impostas polas autoridades sanitarias e as consecuencias no financiamento da feira, decidiuse cancelar", explicaron os seus portavoces. 

Así pois, a edición de 2021 da feira de Dos Torres queda anulada e o XIV Usías Holsteins pasará a celebrarse en próximo ano.