Badiola e Mantoño lideran o ranking español de granxas con máis vacas EX da revista Holstein Internacional

Badiola e Mantoño lideran o ranking español de granxas con máis vacas EX da revista Holstein Internacional

Os dous últimos números da revista Holstein Internacional recollen as dúas partes dunha única reportaxe na que se publican os nomes das granxas con máis vacas frisonas cualificadas como excelentes e así rexistradas nos libros xenealóxicos nacionais dos países nos que esta raza ten máis relevancia a nivel internacional.

O número un do ranking español é a granxa asturiana Badiola Holstein que, con un total de 300 animais, logra ter 47 vacas excelentes. A explotación galega Mantoño Holstein, cun rebaño de 90 frisonas, séguelle de preto con 34 excelentes.

As outras tres ganderías da lista son Ponderosa Holstein (Cataluña), con 29; Baixo Holstein (Galicia), con 24, e Casa Flora (Asturias), con 23.