Este martes, profesionais e dirixentes de diversas asociacións e colectivos sensibilizados co abandono e peche de explotacións agrarias, o abandono rural e a desaparición de núcleos, ofreceron unha rolda de prensa en Lugo na que se criticou especialmente a falta de iniciativas efectivas para reverter a situación actual.
Estiveron presentes, entre outros, a Asociación Castaño y Nogal, a European Dairy Farmers-España e o Centro de Promoción Rural EFA-FONTEBOA. Todos coincidiron na necesidade de afrontar o dilema de renovarse ou morrer, a cooperación activa de administracións públicas e os centros de formación, para prepararse e ser competitivos no mercado global do século XXI. Sobre todo, tendo en conta que España e Galicia deixarán de percibir, a partir de 2020, miles de millóns de euros dos fondos estruturais da U.E. por ter alcanzado ou superado nalgunhas rexións o 75% da renda media dos países da Unión.
Máis información sobre a reunión, dispoñible na nota de prensa