Aprolep reclámalle ao primeiro ministro portugués un aumento no prezo do leite

Con base nos datos do Observatorio Europeo do Leite, desde a Asociación de Produtores de Leite de Portugal (Aprolep) lamentan ter o prezo máis baixo dos 27 estados membros, apenas 29,9 céntimos por kg de leite, 5 céntimos por debaixo da media. Aseguran que "é unha vergonza ocupar o último lugar, cuns prezos de miseria, cando Portugal preside a Unión Europea" e reclaman ao primeiro ministro do país, António Costa, que "se precisa con urxencia un aumento de 5 céntimos por litro".

Carta de Aprolep