Anunciadas as datas e o programa das xornadas de Africor Lugo e Vaca Pinta

As tradicionais xornadas técnicas organizadas por Africor Lugo non fallan á súa cita anual, pero este ano trasládanse ao terreo dixital e repartiranse en tres días na primeira semana de marzo.

O martes 2, mércores 3 e xoves 4 de marzo a audiencia de Vaca Pinta poderá asistir desde as súas casas e en aberto a unha nova edición destas charlas que, nesta ocasión, abordarán temas como o tratamento selectivo ou secado, os métodos de traballo en gandarías de gran volume en Estados Unidos, as opcións de futuro que achega o control leiteiro.

O uso da intelixencia artificial en granxa, o uso das novas tecnoloxías coa recría, a análise de datos relativos a protocolo de calidade de leite e as posibilidades de axudas no sector agro serán outros dos asuntos que centrarán as exposicións deste ano. Para iso, contarase coa intervención de Oriol Franquesa (QLlet), Alfonso Lago (DairyExperts), Jessica McArt (Universidade Cornell), Fernando Mazeris (Dairy Data Warehouse), José Bernardo (Agroseguro) e Alejandro Pérez (Cowvet).

Consulta o programa completo e ohorario de cada charla aquí.
Poderán seguirse de maneira íntegra a través da web  e a páxina de Facebook de Vaca Pinta.