A revista Vaca Pinta recolle no seu número 3 unha reportaxe sobre a explotación pontevedresa Casa do Rei, unha gandería que inicia estes días un novo proxecto, unha granxa de polos ideada a partir da crise de prezos do leite dos anos 2015 e 2016 e que complementará os ingresos da explotación láctea, a cal non desbotan ampliar se a evolución do sector vai a mellor.
Ademais de falar cun dos socios da gandería, Suso Montes, entrevistamos a José Luis Méijome, técnico do programa de apareamentos de Africor Pontevedra, e a Héctor Martínez, responsable do equipo de transferencia embrionaria da Finca Mouriscade, dous técnicos dos que botan man en Casa do Rei para levar a cabo o seu programa reprodutivo e xenético.