Anembe reclama ao presidente do Goberno o apoio ao sector que está a loitar por non ter que vender a perdas

A Asociación de Veterinarios Especialistas en Medicamento Bovino de España (Anembe) garante que as ganderías ás que asesora constitúen verdadeiros estándares de calidade e tecnoloxía. Neste sentido, envioulle unha carta ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reclamándolle o seu apoio decidido ao sector.

Considera que estas empresas elaboran produtos saudables a prezos alcanzables grazas ao seu continuo investimento en tecnoloxía e á técnica veterinaria aplicada. A calidade da carne de vacún non está ligada ao modelo de explotación, senón depende doutros factores como raza, idade, alimentación, etc.; factores que inflúen tanto no intensivo como no extensivo. Así mesmo, considera importante matizar que o termo "macrogranxa" se asocia a unha explotación con grandes beneficios, cando a realidade é que o sector traballa ao límite para non xerar perdas. Unha granxa de 500 vacas de leite necesita manter 1.000 animais vivos para dar un soldo digno a 10 persoas, o que se aproxima máis ao concepto de peme que de gran empresa.

A asociación insiste en que os veterinarios garanten a calidade dos produtos co seu servizo e asesoramento, non só no sector privado, senón tamén no público como funcionarios de matadoiros, áreas gandeiras, aduanas, industrias e ministerios. Pola contra, alerta de que as promotoras de carne artificial son macroempresas que pretenden a redución da gandería tradicional. Así mesmo, advirten das consecuencias sanitarias, como alerxias ou intolerancias, aínda descoñecidas deste tipo de carne.

Carta ao presidente