Anembe impulsa a iniciativa 'Omnívoros' de loita contra a carne artificial

A Asociación Nacional de Especialistas en Medicamento Bovino de España (Anembe) acaba de presentar o novo portal Omnívoros, no que tratan de apoiar con argumentos científicos e contrastados todos os inconvenientes das carnes artificiais. 

O xerme desta iniciativa xurdiu co anuncio hai uns días de que o Real Madrid Club de Fútbol tería entre os seus patrocinadores, durante a próxima tempada, a unha empresa de preparados vexetais con forma e sabor de carne e que o equipo tiña a intención de utilizar a este novo patrocinador para apoiar a idea de que a sustentabilidade do planeta pasa pola redución do consumo de carne.

Conscientes do peso deste club na opinión pública, desde a asociación enviaron unha carta dirixida á súa xunta directiva na que sinalaban, entre outros asuntos, que esta acción é "un ataque gravísimo ás familias  gandeiras, a  a verdadeira sustentabilidade do medio rural e a lóitaa fronte ao despoboamento", ademais de supor "dar por bos uns cálculos de emisións de metano mal estimados por un ecoloxismo de salón e despachos". 

"A destrución da gandería supón potenciar a desigualdade e a oligarquía dunhas clases poderosas e enriquecidas que se poderán alimentar coa produción de carne natural dalgúns exemplares mantidos por estes  influentes, mentres que a maioría da poboación, terá que alimentarse destes sucedáneos proteicos", lamentaron desde Anembe, á vez que sinalan que "a destrución das producións gandeiras, lévanos ao consumo de carne artificial elaborada con variantes híbridas e transxénicas de soia e leguminosas, co alto risco de  provocar un problema de saúde pública na poboación ao desencadear alerxias e intolerancias alimentarias descoñecidas  polo achegue de variantes proteicas que o noso organismo non coñece, nin a nosa micro-biota está preparada para recibir".

Co obxectivo de seguir traballando a favor de desmontar todos os mitos sobre as carnes artificiais, Anembe presenta agora Omnívoros, un espazo no que se combinan producións científicas, artigos de opinión e documentos audiovisuais revisados e contrastados por un equipo de veterinarios expertos nesta temática.