Anembe celebra un webinar sobre investigación científica o 28 de abril

A Asociación Nacional de Especialistas en Medicamento Bovino de España (Anembe) continúa cos seus webinars. O próximo terá lugar o mércores 28 de abril ás 20:00 horas.

A encargada de impartilo será a doutora Aurora Villarroel e abordará a temática ?Como ler e interpretar artigos de investigación científica?.

Para poder asistir é necesario facer previa inscrición. Se xa estás anotado desde un principio para participar en todos, non é obrigatorio volver realizar os trámites.

Na páxina web pódese obter toda a información dos webinars que hai programados.