Aldi comprométese cos produtores de leite ata 370 euros por 1.000 litros

A revista francesa especializada en vacún de leite Reussir Lait publicou a noticia de que o distribuidor Aldi France anunciou o seu compromiso cunha mellor remuneración para os produtores de leite ata os 370 euros por 1.000 litros de prezo base e os 385 euros para todas as primas combinadas.

Este compromiso afectará ao 85 % das referencias de produtos lácteos da marca con etiqueta privada, é decir, un volume de máis de 105 millóns de litros de leite vendidos cada ano. Para iso, firmaron dous convenios por un período de tres anos para garantir o leite libre de OGM: o primeiro coa Association des producteurs de lait du bassin Centre (APLBC) e Laiterie Saint-Denis-de l 'Hotel (LSDH) e o segundo con Sodiaal.

Esta comunicación segue ao anuncio feito a finais de febreiro dos acordos tripartitos que Aldi celebrou con LSDH e Candia. A marca tamén fixo referencia ás marcas "FaireFrance" e "C'est qui le patron?!" desde finais de febreiro en todas as tendas Aldi France.

 

Información e fotografía: Reussir Lait