Afriza premia ás mellores ganderías

O venres 24 de xuño, o hotel Convento I de Coreses acolleu o XXIII Encontro Provincial de Gandeiros de Raza Frisona de Zamora, organizado pola Asociación Frisona Independente Zamorana (Afriza).

Durante o acto, Alfonso Raffin, de Clairfield International e consultor en Cefetra Ibérica, ofreceu unha charla sobre estrés por calor, e logo houbo unha mesa redonda, moderada por Manuel Morales, sobre estratexias técnicas en granxa para mitigar a alza de prezos das materias primas. Así mesmo, desde Afriza recoñeceron o traballo o traballo realizado polo seu primeiro presente, Felix Roncero.

Para finalizar, entregaron os premios ás mellores ganderías zamoranas. O galardón por ICO foi para Rancho Guareña-Hnos. Olea Losa SL, de Castrillo de la Guareña, con 2.978; o de produción a 305 días recaeu en SAT Rote, de Toro, cunha media de 13.077 kg de leite, e, finalmente, La Sielma SC, de Monfarracinos, levou o diploma pola mellor cualificación final media realizada en 2021 con 83,81 puntos.