Afriza organiza o seu 27.º Encontro Provincial o vindeiro 18 de xuño

Afriza organiza o seu 27.º Encontro Provincial o vindeiro 18 de xuño

A Asociación Frisona de Zamora (Afriza) promove unha nova edición do seu Encontro Provincial de gandeiros de raza frisoa. A cita terá lugar o vindeiro 18 de xuño no restaurante Cinema 1956-Raíces, situado no concello zamorano de Coreses.

A xornada comezará ás 11:00 h coa presentación de Daniel Vicente Rodríguez, presidente de Afriza, e do veterinario Manuel V. Morales. A continuación, o especialista en sanidade animal Seve Fernández ofrecerá unha conferencia baixo o título “Pequenos minerais, grandes resultados”.

Ás 12:30 h será a quenda de Christian De La Fe, catedrático do Departamento de Sanidade Animal da Facultade de Veterinaria de Murcia, quen explicará as enfermidades emerxentes de interese nos ruminantes e repasará a situación da dermatose nodular contaxiosa.

Para finalizar, terá lugar un xantar de confraternización e levarase a cabo a entrega de premios ás mellores ganderías e reprodutoras da provincia en 2025.