Africor Pontevedra promove unha nova edición da súa Xornada o 26 de marzo

Africor Pontevedra promove unha nova edición da súa Xornada o 26 de marzo

A Asociación Provincial de Gandeiros de Pontevedra para o Control de Rendementos, Africor Pontevedra, organiza a súa xornada técnica o vindeiro 26 de marzo. O encontro terá lugar nas instalacións de Finca Mouriscade, en Lalín (Pontevedra). Para asistir, é necesaria a inscrición previa no seguinte teléfono: 986 580 462.

A cita analizará as últimas novidades relacionadas coa dermatose nodular contaxiosa (DNC), ademais de afondar no muxido robotizado e nos retos da nutrición vexetal.

Iván Mato, técnico de rumiantes en Laboratorios Hipra, ofrecerá unha actualización da DNC e doutras enfermidades emerxentes.

A continuación, José María Viana, técnico de alimentación en Aira, explicará conceptos fundamentais para o muxido robotizado.

Máis tarde, Manuel Crespo, director de especialidades en Grupo Soaga, centrarase nos retos da nutrición vexetal, con especial fincapé na adaptación á nova normativa de uso sostible dos solos.

Para finalizar, Jesús Manteiga, presidente de Africor Pontevedra (presente na foto de portada), clausurará a xornada para dar paso a un xantar.