A vindeira fin de semana terá lugar no Mesón do Vento (Ordes) a sétima edición da Poxa de Gando Frisón organizada pola Asociación Provincial de Criadores de Frisón da Coruña para o Control Oficial de Rendementos, Africor Coruña, en colaboración co Concello de Ordes.
O evento iniciarase o sábado 7, ás 10:00 h, hora na que farán a entrada os animais participantes e, pola tarde, estarán expostos para os asistentes.
Xa o domingo 8, dende as 12:00 h, levarase a cabo a poxa, que este ano conta con 16 lotes de animais procedentes de oito ganderías.
Podedes consultar o programa completo no catálogo publicado pola Asociación.